Un novo falecemento eleva a 460 as vítimas da COVID na área de Santiago e Barbanza

20 Abril 2022

A área sanitaria de Santiago – Barbanza sumou un novo falecemento por covid, polo que a cifra total de vítimas desde que comezou a pandemia sitúase en 460 segundo os datos que manexa a Consellería de Sanidade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.833, deles 2.517 son da área da Coruña, 1.914 da de Lugo, 1.630 da de Ourense, 1.432 da de Pontevedra, 2.170 da área de Vigo, 2.123 da de Santiago-Barbanza e 1.038 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 12.195 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 554.518 persoas curadas, rexistrándose 3.304 falecementos.  

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron: 

Día 16 de abril: Muller de 96 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.Home de 66 anos, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza. 

Día 18 de abril: Muller de 90 anos, na área sanitaria de Ferrol. Home de 84 anos, na área sanitaria de Ferrol. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 3.827.497. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.635.925. 

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...