
Santa Uxía celebra este luns 25 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte.
Quenes desexen realizar o ascenso ao monte camiñando en grupo poderán sumarse á andaina que partirá ás 16.30 horas do atrio da igrexa de Santa Uxía. Non é necesario inscribirse previamente.
Este grupo sumarase á misa solemne, fixada para as 18.30 horas. A celebración litúrxica incluirá a bendición da terra e dos froitos recibidos dela e a realización de ofrendas, así como unha poxa de galos, que poñerá o colofón á xornada.
Pero aqueles que desexen trasladarlle as súas peticións ou agradecementos a San Alberto pola mañá poderán participar nas misas que se oficiarán ás 11.00 e ás 12.00 horas.

A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro. Esta construción, de reducidas dimensións, data do s. XII, aínda que da época románica só conserva o presbiterio. Citada xa a principios dese milenio como punto de referencia con Fisterra da costa galega, chegou a ter ermitaño. O resto da nave e un engadido xunto coa sancristía e datan do s. XVIII. A historia desta capela e da parroquia aparece recollida na obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad” editado pola parroquia.
Nela ten lugar a romaxe de San Alberto, coñecida como a romaxe “do cambio de tella”.

A celebración, na que participaban as donas dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos maridos, consistía en ir movendo unha das tellas da cuberta da capela dende o sentido dun punto cardinal cara ao contrario para regular a dirección dos ventos no sentido favorable.
A romaxe celebrase desde hai séculos e congrega a centos de romeiros que participan na puxa de galiñas e ovos que son subhastados para cos cartos mantela capela. Os fieis sacan en procesión a pequena imaxe do santo, e nos últimos lustros tiran a tella cara a un nicho pequeno, na que segundo a tradición maís moderna sin non cae o chan antes dun ano a parella casase.
O certo é que a tradición é o cambio da tella para favorecer por parte das mulleres de mariñeiros o cambio do sentido do vento para traer as embarcacións cara a terra xa que a capela ofrece un espectacular mirador das rias.

Por certo existe un dito popular que nos remonta a tempos en que non habia faros e que di que: “Si a Curota ves tapar vai a San Alberte a ventear”, en clara referencia o cambio da tella e o cambio de dirección do vento para traer as embarcacións cara terra.