
Manuela Sampedro Gude, Lela, faleceu na xornada de hoxe e será enterrada o domingo. Nai de catro fillos, cunha decena de netos e 14 bisnietos, dedicou toda a súa vida ao coidado da familia e á atención do fogar.
Viúva de Juan Doval, era a nai do concelleiro do PP na corporación de Ribeira Ramón Doval, quen ata o 2018 exerceu o cargo de director de relacións externas da empresa Congalsa.
Os seus restos mortais serán conducidos desde o tanatorio de Pompas Fúnebres do Noroeste de Ribeira ao cemiterio municipal á unha da tarde. O funeral na súa memoria terá lugar o martes, ás oito e media da tarde, na igrexa parroquial de Santa Uxía. D.E.P.
