O PP coruñés retoma a actualización dos seus equipos locais e convoca oito congresos para o próximo mes 

11 Abril 2022

Os integrantes da executiva provincial do Partido Popular da Coruña aprobaron esta tarde a convocatoria e posterior celebración, durante o próximo mes, de oito congresos locais que terán lugar en Santa Comba (11 de maio), Vedra (12 de maio), Ordes (13 de maio), Santiago (14 de maio), Monfero (14 de maio), Ortigueira (18 de maio), Narón (19 de maio), e Noia (20 de maio).
Segundo explicou o presidente provincial, Diego Calvo, retómase desta forma un proceso que xa estaba aberto e planificado desde principios de ano e que tivo que retrasarse por mor da celebración do Congreso Nacional que tivo lugar a principios de mes en Sevilla. “A nosa xente está en marcha e activa, e nós sabémolo; o que buscamos con estes encontros é reformar equipos, sumar persoas e encarar as liñas de traballo que seguiremos durante os próximos meses”, explicou Calvo, que engadiu que os populares enfróntanse agora a súa cita máis importante, que son as eleccións municipais do ano 2023.

Consciente do importante destas eleccións, o titular provincial volveu situar como obxectivo recuperar o goberno da Deputación e mostrouse convencido de que os congresos locais servirán para “colocar aos mellores” ao fronte das agrupacións locais, que a súa vez aglutinarán a moitas persoas con “inquietudes e
sensibilidades diferentes, pero cun único obxectivo: traballar polo ben dos seus pobos e dos seus veciños”.
Neste senso, fixo especial fincapé no lema que encabezou o último congreso provincial do PP da Coruña celebrado no mes de setembro, Seguir para sumar.
“Queremos ensanchar o partido, que cada vez haxa máis xente con nós, e que entre todos sexamos quen de axudar aos que peor o están a pasar nesta grave situación de crise económica e social que parece que non ven os dirixentes socialistas”, apuntou.

Congreso Nacional do PP en Sevilla

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.