Xa está na rúa o número dobre da nosa revista mensual O Barbanza que chega nesta ocasión ós número 33 -34. como é habitual a revista distribuése en toda a comarca cunha tirada de 7.000 exemplares de balde podendo amais descargarse en pdf desde a nosa web: enlace.

O número habitual centra o seu tema de portada no gas radón e a súa presenza na comarca. Analizamos as consecuencias e os seus efectos falando co doutor Xoán Miguel Barros Dios, director do laboratorio de Radón de Galicia e profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
Entre outros temas pasamos revista a actualidade dos nosos concellos, as nosas infraestructuras hidráulicas, a actualidade das nosas empresas e os seus usos tecnolóicos como por exemplo CONGALSA e propoñemos unha volta a Galicia en sete días agora que se acerca a Semana Santa.

Precisamente no número interior a Semana Santa é a gran protagonista con amplos reportaxes das activiaddes relixiosas e lúdicas dos nosos concellos. No capítulo da nosa memoria repasamos a vida do pobrense, Victoriano García Martí, cun artigo da súa biográfa, Arantxa Fuentes Ríos, profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela, e coma non falamos de cousa que xa non están entre nós entre elas a vivenda de Victoriano García Martí.
Na entrevista charlamos con Fabiola García, a ribeirense Conselleira de Política Social, e recollemos nos dous números un amplo resumo nas novidades das nosaas letras e aniversarios máis destacados. No turismo falamos da Pedra da Ra o miradoiro que vixiía as mellores vistas da nosa costa.