Na Casa da Cultura da Pobra as imaxes gañadoras e finalistas do XV Premio Luís Ksado

01 Abril 2022

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle estes días, até o 19 de abril, unha nova exposición colectiva. Trátase das obras gañadoras e finalistas da décimo quinta edición do Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica que promove a Deputación da Coruña. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), destacou “a pluralidade estética, técnica e temática das instantáneas que compoñen esta convocatoria do Premio Luís Ksado, que se erixe como un referente no mundo da fotografía”.

Segundo engadiu, “as imaxes adscríbense a diferentes modalidades”. Na categoría de fotoxornalismo figuran a selección gañadora Atrapados ás portas de Europa, de José Manuel López, que reflicte a viaxe das persoas refuxiadas a través das montañas de Bosnia; e a finalista Tempos de pandemia, da autoría de Brais Lorenzo, que amosa a situación que estamos a vivir no ámbito mundial. En canto á fotografía documental, sitúanse os traballos finalistas Horizonte de area, de Javier Atienza, sobre o exilio do pobo saharauí; Morrer de soños, presentado por Clemente Bernard sobre a Guerra Civil; e Estrada descoñecida, de Jesús Caballero, que trata sobre a decadencia e o abandono.

E, no que respecta á fotografía de retrato, atópase Segunda pel, de Miguel Gómez Muñiz, que relaciona o ámbito profesional e privado das mulleres mariscadoras; e A esmorga, de Jesús Madriñán, quen achega o universo da mocidade de festa na madrugada.

As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.