Este luns, San Marcos, agardamos ceo parcialmente nubrado, con nubes máis compactas na metade oeste que ocasionalmente poderían deixar algunha precipitación de carácter ocasional. Néboas matinais no interior. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso chegaremos ós 20 graos. O vento soprará de compoñente sur con intervalos de moderado no litoral atlántico, agás nalgúns momentos da tarde cando cambiará a nordés no terzo norte.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 00:25 | 3.1 m |
Baixamar | 07:00 | 1.2 m |
Preamar | 13:23 | 2.9 m |
Baixamar | 19:21 | 1.3 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 00:15 | 3.1 m |
Baixamar | 06:50 | 1.2 m |
Preamar | 13:11 | 2.9 m |
Baixamar | 19:13 | 1.4 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 00:21 | 3.1 m |
Baixamar | 06:56 | 1.2 m |
Preamar | 13:19 | 2.9 m |
Baixamar | 19:20 | 1.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)