Galicia rexistra un total de 15.278 casos activos por Covid-19

23 Abril 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.278, deles 2.996 son da área da Coruña, 2.245 da de Lugo, 2.017 da de Ourense, 1.691 da de Pontevedra, 2.532 da área de Vigo, 2.567 da de Santiago- Barbanza e 1.213 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 601 en unidades de hospitalización e 14.656 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 557.171 persoas curadas, rexistrándose 3.320 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 15 de abril: Muller de 85 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte. 

Día 21 de abril:Muller de 89 anos, na área sanitaria de Ourense, Verin e O Barco de Valdeorras.Home de 80 anos, na área sanitaria de Vigo. Día 22 de abril: Home de 87 anos, na área sanitaria de Ferrol. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas. 

O número de PCR realizadas é de 3.835.277. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.636.921. 

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.