Este luns inaugúrase en Boiro unha exposición artística do alumnado de todos os centros do concello

04 Abril 2022

Os centros de ensino de Primaria e Secundaria no municipio de Boiro inauguran este luns 4 de abril unha mostra de ilustración na Casa da Cultura. Os traballos que se expoñen están realizados polo alumnado durante o desenvolvemento duns obradoiros de ilustración impartidos por Rodrigo Chao. A iniciativa vén da man dos centros de ensino e máis da Concellería de Cultura de Boiro.

O obxectivo destas actividades, que se impartiron en todos os centros de Primaria e Secundaria do municipio, foi dar a coñecer ao alumnado o proceso creativo na elaboración dunha ilustración e incentivar o interese na lectura e asistencia ás bibliotecas. “Con eles os nenos e nenas puideron aprender a importancia do bosquexo, técnicas sinxelas de debuxo, composición, acabados…”, informou o Concello de Boiro, salientando que os traballos que agora se van expoñer son interpretacións artísticas a través de ilustracións do alumnado baseadas en libros.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, asistirá o vindeiro luns ás 19.00 horas á inauguración da exposición que estará durante dúas semanas na Casa da Cultura de Boiro e que será itinerante polos demais centos municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.