En Ribeira toma posesión como concelleira do BNG, Cruz Rivadulla Márquez

Na sesión plenaria celebrada este luns 25 de abril tomou posesión como concelleira do BNG en Ribeira, Cruz Rivadulla Marquez. Cruz é veciña de Oleiros, licenciada en Química e foi profesora de Educación Secundaria dun bo número de xeracións de rapaces e rapazas.

Actualmente está xubilada e colabora con distintas organizacións sociais como Renacer, UNICEF ou cos Servizos Sociais de Ribeira.

Cruz substitúe a Xosé Vázquez Cobas que deixou a portavocía pero segue traballando arreo como membro do Bloque. Desde o BNG destacan “o gran traballo que vai realizar” a nova concelleira. Pola súa banda, Rivadulla Márquez agradeceu a confianza depositada nela e asegura “estar ilusionada” e a “disposición da veciñanza construíndo a Ribeira en grande que se pode acadar co BNG”, sinalou.

Cruz Rivadulla Marquez