En Boiro o Concello puxo a punto as naves municipais

01 Abril 2022

O Concello de Boiro informou do desenvolvemento dos traballos para acondicionar e mellorar as naves municipais. O obxectivo é que o persoal poida desenvolver as súas funcións “con maior comodidade”. Os arranxos realizáronse na nave de obras e servizos e tamén na estación de tratamento da auga (ETAP).

Na nave destinada ao persoal de Obras e Servizos, situada no Polígono Industrial de Espiñeira, realizouse o peche perimetral para a limitación de acceso so ao persoal autorizado, instalouse a rede de saneamento e realizouse a pavimentación na entrada ás instalacións. Amais, mellorouse a iluminación e instalouse un punto de limpeza para os vehículos municipais.

Na Estación de Tratamento da Auga Potábel (ETAP) e nas naves do servizo de saneamento e augas pavimentouse a entrada para facilitar o acceso de vehículos, mellorouse a iluminación exterior co cambio de luces a LED e realizáronse arranxos puntuais nas propias construcións.

O obxectivo destas actuacións foi “optimizar os servizos cos que contan os traballadores municipais para o bo desenvolvemento das súas funcións, así como mellorar tamén o servizo que se presta á veciñanza”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.