Domingo de Ramos con nubes e claros e chuvias polo serán

09 Abril 2022

O domingo teremos un día de transición, cunha fronte achegándose na noite do domingo ó luns. Así será un día de ceos con intervalos de nubes e claros, medrando nubes de evolución pola tarde, que mesmo poden deixar algún chuvasco illado treboento. Pola noite, comezará a chover na comarca. As temperaturas ascenderán superando os 20 graos, sendo a subida máis acusada nas mínimas. O vento soprará do sur, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar06:031.6 m
Preamar12:192.5 m
Baixamar18:261.7 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:571.7 m
Preamar12:142.5 m
Baixamar18:151.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar06:021.6 m
Preamar12:202.5 m
Baixamar18:241.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.