Aínda que durante o domingo temos influencia anticiclónica sobre Galicia, a entrada de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a certa inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con maior probabilidade de chuvascos pola mañá no terzo norte, onde poden ser treboentos e ocasionalmente acompañados de sarabia, estendéndose á metade leste pola tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade a moderados pola tarde, con intervalos fortes no litoral.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do nordés á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 06:12 | 3.8 m |
Baixamar | 12:17 | 0.6 m |
Preamar | 18:28 | 3.7 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 06:04 | 3.7 m |
Baixamar | 12:09 | 0.6 m |
Preamar | 18:20 | 3.6 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 06:08 | 3.8 m |
Baixamar | 12:13 | 0.6 m |
Preamar | 18:24 | 3.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)