CONGALSA comprométese con levar a alimentación saudábel ás nosas casas a través da fórmula Nowtural

11 Abril 2022

CONGALSA vén de compartir detalles sobre unha das súas grandes apostas en materia de alimentación saudábel: o selo Nowtural, definido pola empresa pobrense de produtos do mar como “unha maneira de coidarnos fácil e respectuosa co medio ambiente”. Trátase, máis en detalle, dunha gama de produtos deseñada para facilitar o consumo das 3-4 racións de peixe semanais recomendadas polos expertos en nutrición.

Nowtural propón unha axenda alimentaria semanal formada por tres pratos de peixe con guarnicións sas e equilibradas e tres hamburguesas aderezadas con “ingredientes orixinais e sorprendentes”, salientan fontes da empresa con sede principal no Polígono da Tomada, engadindo que se trata de “receitas cen por cen naturais e libres de aditivos, especialmente deseñadas para cumprir cos criterios nutricionais fixados polas autoridades en referencia á inxesta diaria de sal e graxas; son pratos perfectos para confeccionar unha dieta rica en proteína de alto valor biolóxico, baixa en graxas saturadas e fonte de vitaminas e minerais esenciais para o bo funcionamento do noso organismo”.

Ademais, a proposta de valor que CONGALSA quere trasladar con Nowtural non se cingue só á alimentación saudábel senón que fai fincapé no compromiso da empresa coa sustentabilidade; de feito Nowtural utiliza materias primas certificadas MSC, procedentes de pesqueiras sustentábeis, e preséntase nun packaging cen por cen libre de plástico que combina materiais reciclábeis e aptos para compost. Julio Simarro, director de Mercadotecnia e Vendas de CONGALSA, defínea como ”unha proposta diferencial e esixente, pensada para conectar coas necesidades e preocupacións do consumidor actual”.

Produtos finalistas dos Excellence Global Awards

CONGALSA confirmou tamén que volverá á feira Seafood Expo Global que este mes de abril celebrarase en Barcelona do 26 ao 28, presentando un portfolio consolidado de referencias tanto para o sector da hostalería e a gastronomía como para o retail. Entre eles destacará Nowtural, cuxos produtos foron seleccionados como finalistas dos Seafood Excellence Global Awards, que recoñecen as mellores contribucións do sector a nivel internacional, valorando aspectos como a innovación, a conveniencia, a saúde e a nutrición, o packaging e a gama de produtos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...