Boiro acollerá os días 28 e 29 unha edición especial do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

27 Abril 2022

Este mes de maio vaise celebrar na Casa da Cultura de Boiro unha nova edición (a número 15) do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, da man do Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Concello. Desenvolverase os días 28 e 29 de maio. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e o director do Centro Arqueolóxico, Víctor Barbeito, presentaron na mañá deste 26 de abril o programa dos encontros.

Segundo lembraron, estas xornadas xurdiron no ano 2007 coa finalidade de trasladar ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos levados a cabo na comarca do Barbanza, poñendo o foco, dende os seus inicios, na arte rupestre e nas investigacións recentes levadas a cabo na nosa contorna e noutras partes de Galicia.

“Despois de tantos anos é difícil innovar pero nesta edición logrouse ir un paso máis alá e elaborar un programa de temas de innovación e temas traballados na comarca do Barbanza”, afirmou o director do Centro, Víctor Barbeito, quen lembrou que na comarca non existen outros encontros semellantes que se celebren de maneira continuada durante tanto tempo. Esta edición, salientaron, coincide ademais co 20 aniversario da apertura do Centro Arqueolóxico do Barbanza en Neixón “polo que se buscou un programa máis especial, se cabe, que nos últimos anos”.

As inscricións dos encontros poden realizarse de maneira libre de xeito gratuíto e ata o 20 de maio, ou en modalidade certificada para estudantes da USC, do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte ou persoal docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As inscricións poden facerse na web www.centroarqueoloxicodobarbanza.org.

Programa

Sábado, 28 de maio de 2022

9.00 – 10.30h: Acreditacións e entrega de documentación

10.30 – 11.00h: Acto de apertura

11.00 – 12.15h: Enfermidades prehistóricas, Prehistoria da enfermidade (María Martinón-Torres)

12.15 – 15.45h: Descanso

12.45 – 14.00h: Arqueoloxía en la frontera de la prehistoria y la historia moderna en el Pacífico occidental (María Cruz Berrocal)

16.30 – 17.00h: O xacemento á sombra da Torre (Ezequiel Lago Mallo)

17.00 – 17.30h: La sociedad viguesa de época moderna a través del estudio de la cerámica de importación (Andrea Serodio Domínguez)

13.30 – 18.00h: Aparejos y artes de pesca antiguos en las Rías Baixas gallegas (Laura Casal Fernández)

18.00 – 18.45h: Descanso

18.45 – 19.15h: Achegas ao repertorio gráfico dos últimos cazadores-recolectores da Cova Eirós (Tania Mosquera Castro)

19.15 – 19.45h: 1982-2022: 40 anos de arqueoloxía galega (Julián Bustelo Abuín)

19.45 – 20.30h: O Patrimonio Industrial. Estado da cuestión na comarca do Barbanza (Miguel Ángel Vidal Lojo)

Domingo, 29 de maio de 2022

10.00 – 11.15h: Los enigmáticos Neandertales en la Península Ibérica – lo que sabemos, lo que no sabremos y lo que nunca sabremos (Clive Finlayson)

11.15 – 12.30h: Últimos descubrimientos en la Cuna de la Humanidad, Olduvai Gorge (Tanzania) (Enrique Baquedano Pérez)

12.30 – 12.45h: Descanso

12.45 – 14.00h: Experiencias de puesta en valor en yacimientos de la Prehistoria reciente del sur peninsular (Auxilio Moreno Onorato e Francisco Contreras Cortés

14.00 – 14.15h: Clausura da edición

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...