Até 70 directivas e directivos participaron na xornada de diversidade na empresa de Amicos e APD

29 Abril 2022

A Asociación Amicos celebrou este xoves 28 de abril un encontro sobre as posibilidades de crecemento, prestixio, competitividade e responsabilidade corporativa que abre a diversidade profesional para as empresas. A xornada, desenvolvida xunto á Asociación para o Progreso da Dirección (APD), celebrouse no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela, baixo o seguinte epígrafe: A xestión da diversidade: una oportunidade de cambio para as empresas.

O obxectivo principal da xornada foi analizar, cuantificar e valorar a inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Tamén se buscou coñecer a situación real destes colectivos e poñer sobre a mesa metodoloxías para aumentar a súa visibilidade, romper barreiras e captar o talento que se está perdendo.

O evento foi inaugurado por Ana Sánchez, directora da Zona Noroeste de APD, unha entidade que está a celebrar os seus 20 anos de andaina na nosa contorna poñendo o foco nas empresas socialmente responsábeis. Ana Sánchez agradeceu a colaboración de Amicos neste evento e recordou que “as persoas son as que marcan o camiño”.

Acompañouna Xoan España, director xeral de Amicos, que agradeceu a todos e todas por “estar hoxe falando dun tema tan importante como a diversidade, pois a diversidade é unha realidade e o reto é xestionala cun rol da cidadanía compartida onde todos somos motores das nosas empresas”. O director xeral de Amicos remarcou a importancia de implementar de maneira auténtica os cambios que supoñen o cumprimento dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel): “Debemos traballar con datos e proxectos reais. A diversidade é xa unha preocupación palpábel mesmo dentro das empresas, entre accionistas e persoal interno. A dirección empresarial debe tomar o papel protagonista como axente do cambio”, dixo.

Trala benvida, iniciaba a xornada Ana Fernández, socia responsábel de diversidade en KPMG España, quen incidía en que “incluír a diversidade no negocio representa un cambio cultural. Non pode depender da área de RRHH se queremos que teña percorrido na empresa”. Recalcou a necesidade de “crear contornas más inclusivas nas empresas” porque “unha empresa inclusiva é máis atractiva”.

A continuación, celebrouse a mesa adicada á diversidade na axenda do CEO (director executivo dunha empresa). Moderada por Ana Fernández, participaron Rubén Martínez, director xeral para España e Portugal de Howden Iberia, e máis Tatiana Suárez, directora de persoas e sustentabilidade do grupo Aluman. Ambos directivos coincidiron en que a inclusión e a diversidade son factores “inevitábeis” para o crecemento dunha empresa. Rubén Martínez apuntou que “nun plan estratéxico é imposíbel que non estea presente a diversidade”, mentres que Tatiana Suárez salientou a necesidade de lograr a “equidade” para que “todo o mundo teña as mesmas posibilidades”. Tatiana engadiu que “falta moito, pero estamos no bo camiño”.

O encontro concluíu cunha mesa de debate dedicada a coñecer diferentes casos de éxito de empresas galegas. Os asistentes puideron profundar nas experiencias de Paloma Merino, directora de organización e persoas en Emetel; Laura Vergara, responsábel da Oficina de Desenvolvemento e Benestar no Grupo Castrosúa; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais no grupo boirense JEALSA; e Paul Tran, director de persoas e tecnoloxía en Hijos de Rivera.

Laura Vergara recomendou que “é preciso facer máis e falar menos. As empresas deben ter accións e ferramentas que teñan impacto na sociedade porque se non o fan están fóra do mercado”.

Doutra banda, Margarita Hermo falou da relevancia de “medrar como empresa e facelo crecendo coa contorna desa empresa” e relembrou que o principal desafío das empresas é “transmitir isto ao resto da sociedade”.

O evento enmárcase dentro do programa CEPES, que participa en calidade de organismo intermedio do programa operativo de inclusión social e economía social, co-financiado polo FSE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.