Até 150 corredores de 27 clubs participarán esta fin na volta ciclista ao Barbanza (A Orixe)

05 Abril 2022

Barbanza Arousa presentou este 5 de abril os detalles da primeira edición da proba ciclista Challenge Volta o Barbanza A Orixe, que organiza o Club Ciclista Barbanza co patrocinio da mancomunidade dos nosos concellos (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) e que está prevista para os días 9 e 10 de abril en dúas etapas que percorrerán os catro municipios da vertente norte da ría de Arousa.

Na presentación da proba, celebrada en Boiro, participaron o presidente da mancomunidade, Xosé Lois Piñeiro; o membro da directiva do Club Ciclista Barbanza, José Ramón Torrado; e o secretario da Federación Galega de Ciclismo, David Carrillo.

Segundo fixeron saber, no evento deportivo van participar máis de 150 corredores de 27 clubs galegos, de toda a xeografía española e tamén portugueses. O secretario da Federación Galega de Ciclismo, David Carrillo, convidou a todas as persoas a que se acheguen a ver a proba por ser un “moi bo espectáculo que axuda a fomentar a base no deporte”.

Por parte do club agradeceron o apoio da Mancomunidade Barbanza Arousa para “poder levar a cabo unha proba como esta que acolle a corredores de todo o territorio e que se realiza en todos os municipios”.

Na presentación fixeron saber que o evento vai abranguer dúas etapas. A primeira o sábado 9 de abril con saída e chegada en Boiro e que discorre tamén por Rianxo de 97 quilómetros. A segunda etapa, de 86 quilómetros, será o domingo día 10 e con saída e chegada na Pobra e que pasará por Ribeira.

O presidente da Mancomunidade, o alcalde pobrense Xosé Lois Piñeiro, anunciou que “esta proba segue o mesmo camiño que outras iniciativas que comezan nun municipio e se desenvolven a nivel comarcal”. Segundo confirmou, a entidade de concellos entende que “a promoción do deporte e a promoción da comarca van ligadas” e que “a celebración de actividades como esta redunda no beneficio de todos os concellos xa que as persoas participantes poden coñecer a nosa paisaxe”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...