Ambar presenta o seu 40 aniversario

01 Abril 2022

Ambar converteu a xornada deste primeiro de abril nunha xornada inclusiva e reivindicativa, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Autismo que se sen conmemora no mundo o segundo día de abril (este sábado). Coincidindo con esta efeméride, a asociación festexou o seu 40 aniversario poñendo en valor a filosofía da entidade da nosa comarca: Impulsando vidas independentes. Tamén deu a coñecer as actividades previstas para celebrar este 2 de abril.

A presentación foi este venres ás 13.00 horas no Centro de Recursos de Ambar en Frións, Ribeira. Asistiron Xosé Lois Piñeiro, alcalde do Concello da Pobra; Elvira Pereira, concellería de Medio Ambiente de Ribeira; e Juana Brión concellería de Educación de Ribeira, acompañadas de Milagros Rey, presidenta de Ambar; Alicia Romero, secretaria de Ambar e responsábel da área administrativa; e Zeltia Iglesias, técnica de inclusión social da entidade.

Milagros Rey comezou agradecendo ás persoas asistentes o seu compromiso con Ambar e tamén o traballo daquelas que levan todo este tempo colaborando coa entidade. Logo foi a quenda de Alicia Romero, que expuxo as motivacións e a filosofía da asociación nos últimos 40 anos e fixo unha declaración de intencións para os anos que están por chegar: “Cremos que o potencial das persoas desenvolverase facilitando a autonomía e prestando apoios para reforzala. E cremos que prestar apoio a autonomía ha de facerse cos recursos xa presentes na comunidade”.

De seguido, Zeltia Iglesias presentou a primeira actividade, Ambar na Rúa, unha xornada na que a entidade despregará unha serie de postos artesanais con obradoiros colaborativos para adultos e nenas e nenos, un obradoiro demostrativo, un posto de venta de produtos solidarios, un espazo de información sobre programas e servizos, música e máis sorpresas.

Tamén destacou o proxecto Mar Diverso, un festival de artes inclusivas que pon en valor o patrimonio marítimo da nosa contorna e a súa riqueza, materias primas de primeiro grao para a artesanía nas súas máis variadas manifestacións. Levarase a cabo en diferentes concellos da ría de Arousa e contará cun abano de artistas que xunto coas artistas que asisten á entidade realizaran distintas accións artísticas. Este proxecto está financiado polo Grupo de acción costeira GAP. Tamén falou da Gala conmemorativa que se celebrará en setembro coincidindo coa data do propio aniversario da entidade. E pechou o despregue de accións mencionando un proxecto que se desenvolverá na comunidade e que ten a vontade de impulsar aínda máis a inclusión social.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.