Ambar organiza en xullo o festival de artes inclusivas e patrimonio costeiro, Mar Diverso

29 Abril 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional achegounos detalles sobre unha das súas grandes iniciativas desta tempada: Mar Diverso, o festival de artes inclusivas e patrimonio costeiro, que se vai desenvolver do 26 ó 31 de xullo mesturando artes plásticas, escénicas e artesanía.

O obxectivo é “poñer en valor o patrimonio e a cultura tradicional mariñeira” e facelo ademais sen barreiras sociais de ningún tipo e poñendo o foco nas posibilidades de autonomía, mellora persoal e profesional e apoderamento que pon en xogo a creación artística.

Desenvolverase en distintos concellos da ría de Arousa do 26 o 31 de xullo deste 2022. En cada localización expoñerase unha peza escénica ou plástica que será realizado de maneira colaborativa entres os distintos grupos de artistas con diversidade funcional e as artistas invitadas coas que se traballará previamente. Entre as creadoras atópanse as integrantes do grupo de artes escénicas, o grupo de artes plásticas e o grupo de artesanía de Ambar.

Como artista convidado e director artístico dunha das pezas atópase Fran Sieira (1990), artista local, fundador da compañía de danza Fran Sieira (2017), que pon en valor o folclore galego e que ten pezas escénicas como Demente e Entre soños. Sieira, bailador dende os 8 anos é o director artístico do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme dende 2003. Dentro da súa experiencia cabe destacar a de bailador nos espectáculos Isolma (2007) da compañía G221, Alén da Croa (2012) da compañía Quique Peón Cía, e Son (2016) da compañía Nova Galega de Danza. Actualmente atópase na fase de preprodución e ensaios co grupo de artes escénicas formado por Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Paula Ramallo, Montse Queiruga e Mercedes Ríos; cunha peza que versa sobre a cultura mariñeira.

Ambar lembra que este festival é posíbel grazas ao financiamento do GALP Ría de Arousa e contribúe á visión de futuro da estratexia EDLP fomentando que toda a ría de Arousa se vexa de maneira integrada de cara á dinamización do territorio.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.