Ambar abre as inscricións do seu servizo para o apoderamento e o apoio mutuo das mulleres: A Tribo do Autocoidado

19 Abril 2022

A Asociación Ambar, colectivo da nosa comarca centrado en traballar pola inclusión das persoas con diversidades funcionais, abriu as inscricións para a segunda edición de A Tribo do Autocoidado, unha iniciativa dirixida ás mulleres do Barbanza que queiran reactivar as súas ferramentas para o apoderamento, o autocoidado e o afrontamento do estrés “cunha perspectiva de amabilidade e respecto”.

Con este servizo quérese chegar á poboación feminina dos nosos concellos que non teña formación regulada, poñendo o foco especialmente naquelas que teñan fillas ou fillos ao cargo. O obxectivo é achegarlles cinco sesións de 3 horas a través das cales exercitarán as habilidades para a práctica do autocoidado, desenvolverán o sentido de pertenza e apoio mutuo, e as súas habilidades comunicativas para expresar necesidades e intereses propios.

Participantes nos obradoiros

Os obradoiros grupais serán de 10 persoas máximo por grupo, desenvolveranse na Casa da Cultura de Palmeira os mércores 27 de abril, 4, 11 e 18 de maio de 16:30 a 19:30h. E no Centro Social de Boiro os martes 3, 10, 24, 31 de maio de 16:30 a 19:30h. Serán impartidos por Mª Carmen González, psicóloga na Asociación Ambar, experta en psicoloxía de emerxencias, membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias e integrante do equipo fundador do Espazo de Autocoidado do COPG.

A psicóloga Mª Carmen González será a encargada de impartir as sesións

As inscricións xa están abertas chamando ó 981 87 44 80 ou na web de Ambar. As persoas interesadas teñen para inscribirse no grupo de Palmeira ata o 25 deste mes e no de Boiro ata o día 29. Esta actividade é totalmente gratuíta e está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...