A Policía Autonómica incauta 10 quilos de percebe extraído ilegalmente en Corrubedo

Axentes do grupo de investigación ERPOL da Policía Autonómica de Santiago incautaron preto de 10 quilos de percebe extraído ilegalmente nas inmediacións do Faro de Corrubedo, no concello de Ribeira.

O pasado 18 de abril os axentes localizaron nas proximidades do faro de Corrubedo a un varón extraendo percebe das rochas, malia estar prohibida a súa extracción. Ademais a maioría do percebe comisado non contaba co talle mínimo esixido. O infractor xa foi denunciado en varias ocasións por realizar esta práctica e os percebes requisados foron entregados nun centro benéfico.