Santa Irene (O Son) xa loce novos miradoiros sobre a ría

17 Marzo 2022

Prosegue este mes de marzo o libro de novidades de Porto do Son en materia de infraestruturas e melloras urbanas e rurais, logo do intenso traballo despregado para devolver, na explanada do porto, o mar á veciñanza. Entre o máis destacado deste compendio de novidades figuran sen dúbida os equipamentos de lecer habilitados en Santa Irene: dous miradoiros cunhas impresionantes vistas á ría de Muros e Noia e máis un parladoiro que recupera a estrutura dos puntos de encontro tradicionais existentes na vila sonense e noutras localidades da nosa contorna.

O parladoiro de Santa Irene nunha imaxe de El Correo Gallego

Segundo puidemos saber, os traballos supuxeron un investimento de 165.147€ (financiados a través dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente), habilitando tamén unha área de estacionamento para que veciños e visitantes desfruten ao máximo destes novos outeiros sobre a ría. Os traballos, que rematarán ao longo destes días, abeiráronse ao plan de humanización de espazos públicos impulsado polo Concello. As obras puxeron o foco tamén na accesibilidade, substituíndo o aglomerado asfáltico previo por unha plataforma única na que se dá prioridade ao tránsito peonil (posibilitando o paso de vehículos nunha soa dirección).

Outros artigos

Ribasieira celebra este 11 de abril un sábado de bingo

Este sábado 11 de abril vai ser un sábado de festa en Ribasieira (O Porto do Son). A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá o xogo do bingo durante boa parte da tarde, ata culminar pola noite no "bingo dos bingos". Os horarios serán ás 17.00, ás 18.00, ás 19.00 e ás...

+

O Gran Camiño chega a Barbanza o vindeiro 16 de abril

O xoves 16 de abril o Barbanza será a gran protagonista da quinta edición de O Gran Camiño, cunha etapa litoral que discorrerá pola beira do mar pero tamén terá presenza de montaña. A etapa unirá Carballo con Padrón. Os ciclistas da proba profesional galega...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.