Ribeira celebra o Día do Libro Infantil ca presentación de “O ladrón de paraugas” e cun contacontos

28 Marzo 2022

O Concello de Ribeira vai celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil da maneira máis acaída: con libros. Para conmemorar esta xornada tan literaria, dende o Consistorio explican que as familias poderán participar este sábado 2 de abril ás 12 do mediodía no Centro Cultural Lustres Rivas na presentación do libro de Xosé Lueiro O ladrón de paraugas, que estará acompañado de Sara Valcárcel ilustradora do volume.

A presentación será unha presentación aberta e participativa. De feito, o Concello explicou que as crianzas poderán preguntar a Lueiro e Valcárcel como se fai un libro ou como se converte alguén en escritor ou escritora ou, tamén, ilustradora.

Logo da presentación comezará o contacontos O ladrón de paraugas.

Haberá agasallos para todos os nenos e as nenas. Inscricións na conta normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.