Preto de 400.000 euros na execución dunha nova senda na estrada AC-305, que conectará A Casilla, O Araño e Burés, en Rianxo

31 Marzo 2022

A Xunta investirá preto de 400.000 euros na construción dunha nova senda peonil na estrada autonómica AC-305, no treito A Casilla-O Araño-Burés, en Rianxo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se convoca para abril e xullo os propietarios dos terreos necesarios para executar esta obra.

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 29 de abril, das 10:30 ás 11:30 horas, na Casa do Concello de Rianxo. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 18 de xullo, tamén á mesma hora e no mesmo lugar. Os actos expropiatorios realizarase seguindo o estrito protocolo de medidas preventivas para evitar riscos de contaxio por mor da covid-19. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: https://bit.ly/3Dp7B3v

O itinerario habilitarase pola marxe dereita desta vía autonómica, coa finalidade de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla.

A licitación das obras, que contan cun prazo de execución de seis meses, prevese nesta primavera. Estas intervencións de mellora da seguridade viaria son susceptibles de financiación a través dos fondos React UE.

As obras

A intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta prevé desenvolver este novo itinerario en dous tramos. O primeiro deses tramos disporase entre os puntos quilométricos 9+960 e 10+760, partindo do núcleo de Burés, a continuación da beirarrúa actual, e finalizando no lugar dos Xens, conectando a nova senda coa xa existente. O segundo tramo, entre os puntos 12+510 e 13+020, comeza en Contrés e finaliza no lugar da Casilla, dando continuidade á senda peonil actual.

Nesta contorna xa hai sendas ou beirarrúas, pero entre Burés e Os Xens e entre Contrés e A Casilla, aínda existindo vivendas contiguas á estrada, actualmente non hai espazo para o tránsito peonil seguro.

Para a execución dos novos treitos da senda, que suman algo máis de 1,3 quilómetros, tomouse como referencia a liña do bordo actual da estrada. Deste xeito, redúcese ou ampliase a beiravía para igualar ata os 50 centímetros en toda a actuación. A partir de aí, realizarase a ampliación da plataforma ata acadar unha senda de 2 metros de ancho e, nalgún treito, dispor unha rígola de 30 centímetros, ademais dun bordo de formigón.

A nova senda favorecerá os desprazamentos peonís, un mellor acceso ás paradas de transporte público e a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a impulsar a construción de novas sendas co obxectivo de dotar os veciños de itinerarios que lle permitan facer os seus desprazamentos cotiás de xeito máis cómodo, seguro e sustentable.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.