Os socialistas ribeirenses propoñen unha mellora nos accesos o cemiterio municipal

O Psde G-Psoe presentará no Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, unha proposición de cara a solventar a accesibilidade e mobilidade, e a inclusión no Inventario de Bens de parte dunha parcela no entorno do cemiterio Municipal de Ribeira que permita melloralo acceso o camposanto.
Na proposta pídese o derribo e retranqueo do muro de peche actual do Cemiterio (P-06), lonxitude 27 metros lineais, formación de murete de formigón e colocación de peche en forxa, tipo Boisaca ou Avilés tamén a realización de beirarrúa accesible nunha lonxitude de 27 metros lineais, e unha a apertura de portal de acceso para vehiculos servizos funerarios, a altura da rampa de acceso do cemiterio na Parcela 37, así se evitarían as obras de accesibilidade na entrada principal.

Tamén a modificación e regularización da Parcela Catastral nº 37, din hai un erro na configuración gráfica da finca, xa que falta unha superficie aproximada de 150 m2., donde se pretendía facer o Columbario (antigua casa do enterrador). 

A este respecto piden verificar si está incluida a Parcela 37 (Cemiterio Evangélico) no Inventario Municipal de Bens, e incluir si é o caso. e por último valorar a posibilidade de negociación cos propietarios das parcelas en ruinas 10, e 11, co fín de ampliar a vía pública na rúa Cristóbal Colón, 8 metros lineais.