O sector pesqueiro desconvoca o paro da frota

24 Marzo 2022

O sector pesqueiro español decidiu este mércores desconvocar o paro da frota, que estaba amarrada a porto desde o pasado venres, tras a reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, que avanzou a intención do Goberno de articular unha serie de medidas para paliar a alza do gasóleo.

Desta maneira, fontes da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores ( FNCP) confirmaron que a frota pesqueira desconvoca o paro e fará “un gran esforzo saíndo a faenar a perdas”, aínda que son conscientes “da necesidade de traer alimento de primeira necesidade” e mostraron a súa confianza nas medidas expostas polo Ministerio.

Planas avanzou a intención do Goberno de articular unha serie de medidas para axudar ao sector pesqueiro polo incremento de prezos do gasóleo que estarán incluídas no ‘Plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína’, que se aprobará o próximo 29 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.