O FEMPA compensará á pesca polo alto prezo do gasóleo

23 Marzo 2022

Antón Luaces.- O Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) activará nos vindeiros días o mecanismo de crise que permitirá compensar ós pescadores polo encarecemento dos custos de produción, fundamentalmente o gasóleo, por canto se trata dunha perturbación do mercado por unha situación excepcional. As axudas terán efecto retroactivo a partir do 24 de febreiro, día no que comezara a invasión rusa de Ucraína, e poderán prolongarse ata o 31 de decembro próximo.

Este punto foi abordado pola Comisión Europea a petición de España, petición que recibiu o respaldo de 22 dos 27 Estados membros da UE.

Segundo o ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, non se pode asumir a produción a perdas e que a frota non pode permanecer parada porque a prioridade de España é “garantir o abastecemento de alimentos á poboación nuns momentos de tanta incerteza como o actual”.

A actividade pesqueira debe ser rendíbel, “debemos evitar a paralización da pesca e o desabastecemento do mercado”, explicou o ministro Planas, para manter a actividade dunha pesca rendible e asegurar a normal subministración de peixe”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.