O Elma acolle o vindeiro 20 de marzo a representación da función “Noite de Reis”

11 Marzo 2022

Dando continuidade ao ciclo de teatro afeccionado que transcorre na Pobra do Caramiñal ao longo do mes de marzo, a Escola de Teatro de Narón subirá ás táboas do Teatro Cine Elma coa función Noite de Reis. Será no día 20, ás 19.00 horas.

Esta peza teatral traslada as persoas asistentes á costa do reino de Iliria, onde Viola e Sebastián, unha irmá e un irmán xemelgos, acaban por separado e crendo na morte un do outro tras un naufraxio. Viola farase pasar por un paxe de nome Cesario na corte do duque Orsino. A partir dese momento desencadearase unha serie de enredos, mentiras, identidades falsas e personaxes extravagantes que darán como resultado unha das comedias máis divertidas de William Shakespeare.

Igual có resto de sesións que compoñen a programación, a entrada é de balde e as persoas interesadas en asistir de público poden efectuar a súa reserva na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.