O Concello acondicionará e mellorará a Praza do Rueiro en Palmeira

16 Marzo 2022

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar unha nova actuación que está dirixida ao acondicionamento e mellora da praza do Rueiro en Palmeira, á beira do arranque da praia da Corna.
As obras que se van executar consisten basicamente na renovación do pavimento, actualmente de baldosa bastante deteriorada. A tal efecto, se instalará unha nova superficie formada por lousas de
granito e de formigón pulido previo acondicionamento da mesma, en tanto que os bordillos serán de granito abuxardado.
Ademais se emprenderán outras accións. Entre elas, a habilitación dunha pequena zona verde circundando as palmeiras existentes a base de terra vexetal e céspede natural. Tamén se colocarán tres
novos bancos de madeira e se instalará unha nova varanda de aceiro inoxidable en substitución da existentes.
A adxudicación das obras recaeu na empresa Marqués de Marancán, S.L. e comportan un investimento de 15.932,96 euros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...