O BNG esixe máis inspeccións e sancións para as empresas que contaminan as rías

15 Marzo 2022

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, advertiu este martes 15 de marzo da “gran afectación sobre o marisco” derivada das verteduras contaminantes na rías galegas das que son culpábeis unha chea de empresas, sobre todo na ría de Arousa, e reclamou “medidas urxentes destinadas a corrixir esta situación”.

A deputada lembrou que hai sete meses o BNG rexistraba no Parlamento galego unha batería de iniciativas referidas á denuncia presentada pola Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña no Xulgado de Instrución de Ribeira contra a empresa conserveira JEALSA por supostas verteduras á ría de Arousa. A portavoz de Pesca da agrupación nacionalista dixo que en xaneiro “foi detectada unha nova vertedura na zona do Bodión (Boiro) da dita conserveira e que provocou, máis unha vez, unha cantidade de marisco morto que se conta por toneladas”, afirmou.

Pérez preguntou ademais “se Augas de Galiza ten constancia de que as sancións serven para algo cando continúan a producirse vertidos contaminantes nas rías”. Ademais das sancións, dixo, “é necesario que as empresas sexan apercibidas para que modifiquen unha actuación incorrecta e que non se volvan a producir este tipo de verteduras”.

A deputada recalcou que existen “poucas sancións e inspeccións” como confirma a propia Fiscalía de Medio Ambiente na súa denuncia cando afirma que non consta un  “seguimento axeitado” nin “o exercicio de maneira adecuada da potestade sancionadora da Administración”.

Ao seu xuízo, a Xunta de Galiza, “diante das reiteradas verteduras ao longo dos anos na zona do Bodión, vén sistematicamente mirando para outro lado e facendo caso omiso dos feitos e  consecuencias e evitando actuar de oficio ou arquivando todos os expedientes, agás un, incoado por Augas”.

Rosana Pérez insistiu en que “tampouco existen por parte do Goberno advertencias á empresas para que isto non volva a ocorrer”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.