Martes con alternancia de nubes e claros e chuvascos intermitentes

07 Marzo 2022

Tralo paso dunha fronte durante a madrugada, durante este martes Galicia quedará na zona dos chuvascos que veñen detrás. Así, espérase un día de ceo con alternancia de nubes e claros e chuvascos intermitentes, localmente tormentosos.

O vento soprará moderado en xeral, pola mañá do suroeste, rolando a noroeste pola tarde. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable e as máximas continuarán sen cambios.

O NOSO MAR: A costa galega permanecerá este martes en aviso amarelo por ondada e forte vento, na provincia da Coruña o aviso por vento arrincará á medianoite e permanecerá activo ata as 3,00 horas da madrugada. Pola súa banda, a alerta por ondada das 15,00 horas ás 21,00 horas.

Pola súa banda, no litoral de Pontevedra o aviso por vento tamén se estenderá das 00,00 horas ata as 3,00 horas; mentres que as ondas empezarán ás 18,00 horas e continuarán ata as 21,00 horas.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Galicia arrinca a semana con ceos nubrados e lixeiro descenso térmico

Comezará a semana nunha situación de tempo revolto o que condicionará o estado nas vindeiras xornadas. Ceos variables e risco de precipitacións febles O luns 13, San Enrique, teremos ceos parcialmente nubrados en gran parte do territorio. No que respecta ás choivas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.