“Manobras aeronavais en Galicia”. Antón Luaces

23 Marzo 2022

Este venres, 25 de marzo, rematará un exercicio aeronaval que, dende a tarde do pasado luns, desenvolve no mar da Costa da Morte e na comarca do Barbanza o Mando Operartivo Aerospacial. Básicamente é un exercicio de protección do espazo aéreo español que se enmarca nas operacións permañentes das Forzas Armadas.

No exercicio, denominado Eagle Eye 22, participan -segundo a información feita pública polo Ministerio de Defensa- as fragatas da Armada Álvaro de Bazán, Méndez Núñez, Cristóbal Colón, Reina Sofía e o buque de aprovisionamento para o combate Cantabria. Todos eles zarparono pasado luns para se integrar na operación navais MAR 22-1 en augas do noroeste peninsular. No exercicio EAGLE EYE tamén se integrará circunstancialmente a fragata Almirante Juan de Borbón, co obxectivo de realizarun intenso calendario de accións enfocadas ao incremento do seu nivel de adestramento no ámbito das operacións navais.

Nas manobras toman parte medios da Armada e do Exército do Aire  que desenvolverán diferentes actividades ata o venres, que será cando se retiren os efectivos militares que interveñen nestes exercicios e tamén o material empregado, entre este, armamento antiaéreo e terrestre como lanzamísiles terra-aire de última xeración.  Por outra banda, equipos operativos de seguranza de infantería de mariña levan a cabo diferentes procedementos de seguridade marítima no exercicio Atenea 22 de forza de proteción.

De carácter b ianual, este tipo de operación constitúen un dos principais fitos  de adestramento para os buques que integran a 31ª escuadrilla de superficie e a 41ª escuadrlla de escoltas.

A presenza destes buques é moi visible nas áreas das illas Sisargas (Malpica) e Costa da Morte, así como na comarca do Banbanza, concretamente no monte Iroite (Lousame).

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.