Licitada a dotación de saneamento e abastecemento de auga en Sampedro (Palmeira)

24 Marzo 2022

O Concello de Ribeira licitou os traballos para dotar de servizos de saneamento e abastecemento de auga ao lugar de Sampedro, situado na parroquia de Palmeira.

Segundo explican fontes do Consistorio, a zona en cuestión non dispón dos ditos equipamentos, de aí que se propuxera este proxecto. A iniciativa contempla a canalización de augas residuais unha tubaxe de 315 metros de longo e 315 milímetros de diámetro, xunto con 16 pozos de rexistro, pola que se conducirán por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo que as impulsará a través doutra rede de polietileno de 245 metros de longo e 90 milímetros de diámetro, ata a súa conexión á rede xeral.

En canto ao abastecemento de auga, instalarase unha canalización de 435 metros.

O orzamento de licitación ascende a 130.919,88, IVE incluído, e o prazo de execución son seis meses.

A actuación está enmarcada no POS+2021 e o prazo de presentación de ofertas conclúe o 6 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...