“Folgas e faltas”. Antón Luaces

23 Marzo 2022

A carestía do combustible pesqueiro, que pon en perigo a viabilidade económica das empresas armadoras, leva ao amarre e, polo tanto, á paralización da súa actividade, da frota arrastreira de litoral con porto base na Coruña, sumándose así ao paro que dende vai máis dunha semana, levan a cabo os barcos de baixura de toda España por acordo da Federacióin Nacional de Confrarías de Pescadores e as organizacións pesqueiras maioritarias no Estado español.

Este paro podería rematar nunhas horas de se producir un acordo na xuntanza que os armadores e representantes das organizacións citadas celebran este mércores en Madrid e da que están moi pendentes todos e cada un dos armadores españois.O paro, iniciado o martes, afecta tamén á totalidade da frota de arrastre de litoral que faena no caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste.

Os armadores coruñeses consideran inadmisible que mentres noutros países  como Francia ou Irlanda xa se dispón de medidas implementadas ou axudas directas ao sector pesqueiro, en España non se poñan en marcha actuacións semellantes -axudas directas, específicamente- para un sector que se está afogando “ante a indiferencia do Goberno e do Ministerio do ramo”.

Os armadores confían en que, após 15 días de espera para se reunir co sector, o Goberno formule agora medidas concretas e que estas sexan efectivas para, deste xeito, evitar a ruina de moitas empresas pesqueiras que necesitan contar con axudas directas inmediatas e impedir así que as sociedades armadoras galegas teñan que mandar ao desemprego aos seus traballadores.

Para o sector pesqueiro, a máis do prezo do combustible, é a folga do transporte a que asimesmo lles afecta de forma notable, por canto os barcos que ata o de agora non se sumaran á folga teñen que manter nas bodegas das embarcacións as súas capturas, impedidos como están de poder subministrar peixe e marisco aos seus mercados cotiáns.

Por outra banda, unha vintena de concellos galegos nos que se realiza unha alta produción leiteira e cinco organizacións agrarias asinaron senllas cartas instando á ministra de Transportes a que interveña ante o paro. Nos escritos, uns e outros urxen o diálogo cos convocantes do paro e, entre tanto, que se establezan corredores seguros -xa prometidos polo delegado do Goberno en Galicia- que garantan a recolleita do leite, a administración e saída dos produtos das fábricas ou o abastecemento de cereais e pensos para o gando e o sector avícola.

Nas vindeiras horas súmanse a esta convocatoria de paro -que para os sindicatos é máis un peche patronal- outros sectores produtivos, co que o panorama non é, nen moito menos, gratificante.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.