Este xoves preséntase en Santa María de Dodro o sexto número da revista “Follas Novas”

31 Marzo 2022

Este xoves 31 de marzo, temos unha cita literaria, cultural e investigadora de primeira liña en Dodro. Trátase da presentación do sexto número de Follas Novas, Revista de Estudos Rosalianos, a partir das 20.30 horas na igrexa de Santa María de Dodro, monumento que, por certo, é o protagonista dun dos artigos da publicación.

Santa María de Dodro nunha imaxe de Obaixoulla.gal

Na cita están previstas as intervencións de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, Xosé Luís Axeitos, académico e director da revista, Lydia Fontoira, co consello de redacción da revista, Xabier Castro, alcalde de Dodro e José Ramón Romero Martiño, alcalde de Boiro.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.