Este venres 18 a rapazada de Boiro poderá desfrutar co novo espectáculo de Teatro Calavera

14 Marzo 2022

Este venres 18 de marzo a Casa da Cultura de Boiro vai acoller o espectáculo Palma repalma, de Teatro Calavera. Será ás 20.00 horas, con posibilidade de adquirir entradas no mesmo día da función a partir das 19.00 horas. Trátase dun espectáculo teatral e de maxia para público infantil e familiar.

Palma repalma, ademais dunha canción, é a fórmula máxica e o inicio desta historia que recala en Boiro da man de Teatro Calavera. Trátase dun espectáculo enmarcado nun souto (un bosque de castiñeiros) encantado onde viven animais e algúns seres máxicos, coma os protagonistas desta historia. Haberá xogos, cancións, ditos tradicionais das nosas avoas, xogos musicais, teatro, maxia, monicreques e fábulas. Os protagonistas do espectáculo son un trasgo e unha trasga que nos achegan ás nosas raíces e ábrennos as portas da súa casa, un souto vello cargado de amor e cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.