Escurís é a patrocinadora oficial de Pertegaz na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid

10 Marzo 2022

Escurís, a marca de conservas premium da boirense JEALSA, é este ano a patrocinadora oficial do desfile de Pertegaz, a firma de moda española fundada por Manuel Pertegaz, este xoves 10 de marzo durante a celebración da 75ª edición da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

En palabras de Silvia Losa, directora internacional de Pertegaz, “é un pracer contar cun patrocinador como Escurís para homenaxear á moda española nunha cita tan importante. O coidado pola artesanía e a visión innovadora son dúas características que comparten ambas as marcas, polo que estamos moi felices por esta colaboración”.

Pola súa banda, Sandra Alvarellos, directora de Mercadotecnia & eCommerce de JEALSA, engade que “Pertegaz é unha marca icónica e de referencia na moda española, cunha longa historia na nosa sociedade e que soubo reinventarse ao longo dos anos sen perder a súa esencia. Estes son os mesmos valores que comparte Escurís, por iso para nós ten todo o sentido que ambas as marcas compartan escenario nunha ocasión tan especial”.

Así, para celebrar a alianza destas dúas marcas de referencia no sector da gastronomía e da moda, Escurís ofrece aos asistentes da kissing room de Pertegaz un catering no que as conservas serán as protagonistas, “cun concepto fresco, moderno e exquisito”, deseñado especialmente para esta ocasión.

O menú foi elaborado en colaboración con The Good Food Company, catering español liderado polas chefs Patricia Parra e Catalina García-Germán, formadas na escola Lle Cordon Bleu de Madrid e Parísm respectivamente, e que, segundo lembran fontes da conserveira galega, “destacan pola súa creatividade e polo coidado das materias primas nas súas elaboracións”.

Ademais, desde as redes sociais de Escurís sorteouse un convite dobre para vivir de primeira man o desfile de Pertegaz e ser testemuña da próxima colección da firma española.

Escurís e Pertegaz: dúas historias de superación e éxito

A historia de Escurís remóntase a 1939 cando Manuel Escurís López, empresario de Taragoña (Rianxo) sen experiencia previa no sector conserveiro, descubriu na Pobra do Caramiñal (A Coruña) a contorna idónea para a fabricación de conservas de peixe. Desde entón, a tradición á hora de recoller e tratar cada materia prima, e a forma artesanal de elaborar cada conserva impulsaron á compañía a ser na actualidade un referente en canto a calidade e prestixio.

Pola súa banda, o recoñecido deseñador Manuel Pertegaz abriu o seu primeiro taller en Barcelona en 1942. Tras recibir o Óscar de Alta Costura pola Universidade de Harvard e declinar converterse no sucesor de Christian Dior para enfocarse na súa propia marca, Pertegaz consegue forxar o seu éxito a nivel mundial. Logo do seu falecemento en 2014, a empresa boirense JEALFER adquire os dereitos das coleccións de Pertegaz Pret-a Couture coa ambición de continuar a traxectoria de Manuel Pertegaz e honrar a súa visión e valores. En 2019, o deseñador español Jorge Vázquez é nomeado novo director creativo da compañía iniciando así unha nova época de éxito e recoñecemento na moda a nivel mundial.

Outros artigos

Mar conclúe a rexeneración do banco marisqueiro de O Bohído

A Consellería do Mar conclúe a segunda fase da rexeneración do banco marisqueiro de O Bohído, incluída no marco do encargo de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3 millóns de euros para o...

+

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“El voluntariado”. Javier García Sánchez

“El voluntariado”. Javier García Sánchez

Los voluntarios que trabaja en el campo de lo social,de la ayuda a los más necesitados, son el corazón decualquier institución. Personas comprometidas quecon sus actuaciones ponen en marcha el motorsilencioso que lleva la esperanza a las personas, y ala comunidad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.