Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao río Trana, en Noia

12 Marzo 2022

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais ao río Traba, tamén coñecido como río Vilacoba, no concello de Noia.
Este foco foi localizado na marxe dereita do río, na rúa do Malecón de Cadarso, no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, na rede fluvial do municipio.
As inspeccións de seguimento permitiron identificar a orixe da contaminación nas filtracións existentes no pozo da rede de saneamento, previo ao punto final do leito do río.
Os técnicos da Xunta comunicaron esta situación ao Concello de Noia para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.
Nunha nova inspección os técnicos da Xunta verificaron que as obras de impermeabilización e selado do pozo no punto final, levadas a cabo pola entidade local, permitiron a emenda do vertido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.