Domingo con ceos nubrados e posibles choivas ao mediodía

12 Marzo 2022

O domingo Galicia continuará baixo a influencia das baixas presións con inestabilidade atmosférica. Espérase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes na nosa comarca e onde a probabilidade de choiva aumentará a partir do mediodía na maior parte do territorio, acompañadas de aparello eléctrico.

Segundo informa Meteogalicia, as temperaturas non terán cambios significativos. Así, as mínimas moveranse entre o grao positivo de Lugo e os 8º da Coruña, mentres que as máximas oscilarán entre os 10º de Santiago e os 16º de Vigo.

O vento soprará de compoñente sur moderado, con intervalos fortes no litoral da Coruña.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e variable á noite, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Media vaga á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:392.7 m
Baixamar07:121.5 m
Preamar13:232.7 m
Baixamar19:241.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:332.7 m
Baixamar07:051.5 m
Preamar13:142.7 m
Baixamar19:151.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:382.7 m
Baixamar07:091.5 m
Preamar13:192.7 m
Baixamar19:201.5 m

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.