Barbantia presenta este venres na Pobra a biografía de Virxina Pereira elaborada por Montse Fajardo

20 Marzo 2022

A Asociación Cultural Barbantia, a editorial Cumio, La Voz de Galicia e o Concello da Pobra organizan este venres 25 de marzo a presentación literaria do libro de Montse Fajardo, A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. A cita será este venres ás 20.30 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Intervirán Montse Fajardo (autora), Patricia Lojo (concelleira de Cultura da Pobra), Xerardo Agrafoxo (Asociación Cultural Barbantia) e Xosé Lois Piñeiro (alcalde da Pobra). A entrada será libre até completar a cabida da sala. Aproveitarase para dar a coñecer o número 173 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, que sairá do prelo un día despois, o sábado 26 de marzo, con La Voz de Galicia.

Virxinia Pereira

A vida incerta é como dixemos a biografía de Virxinia Pereira, a dona de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e, antes que nada, unha muller con presenza de seu que foi unha das grandes valedoras da cultura galega na primeira metade do século XX e, en palabras de Montse Fajardo, “unha muller que non asumiu o papel conformista de esposa resignada e dócil á sorte do seu compañeiro. Lonxe diso acometeu unha participación activa en gran número de actos e manifestacións públicas nos que lle era dado intervir. Así foi durante a vida de Castelao e logo de morto”. O libro de Montse Fajardo contén material bibliográfico, fotografías de Castelao e de Virxinia, fragmentos de cartas que compartía con pensadores da época, como Otero Pedrayo ou Valentín Paz Andrade, e incluso ilustracións que Castelao realiza dela.

Ficha técnica

Título: A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira

Autora: Montse Fajardo

Ano de publicación: 2020

Edita: Concello de Pontevedra

Número de páxinas: 309

Virxinia Pereira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.