Alumnado do CEIP Plurilingüe de Artes coñeceu os recursos marisqueiros da Pobra

18 Marzo 2022

Unha trintena de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira) achegouse á Pobra do Caramiñal para participar nun dos obradoiros mariñeiros dirixidos a centros educativos. A actividade desenvolveuse o 17 de marzo da man da Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra.

As nenas e nenos desprazáronse ata a praia dos Raposiños, onde foron recibidos por unha das técnicas do Turismo do Concello, quen lles explicou a actividade para logo mostrar, da man das propias mariscadoras, os bivalvos que atesouran os areais da localidade e os aparellos que se empregan para a súa extracción.

A finalidade destas visitas-experiencia é achegarlles ás xeracións máis novas o oficio das mariscadores e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

A dita iniciativa dirixida a centros de ensinanza de toda Galicia continuará nos vindeiros meses.

Outros artigos

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero recala na Pobra

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 13 de maio a vila da Pobra do Caramiñal, onde salientou a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como “ferramenta para loitar contra a violencia de xénero a través da...

+

“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.