A Xunta xa traballa na redacción do proxecto da nova depuradora de Noia

10 Marzo 2022

O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “está a traballar na licitación da redacción do proxecto construtivo para a nova depuradora de Noia, seguindo os pasos de actuación marcados polo Plan director de saneamento deste municipio”.
Rubén Lorenzo lembrou que o saneamento e depuración son competencias municipais, pero “a Xunta é plenamente consciente das dificultades que supón para os gobernos locais cumprir os parámetros aceptables de abastecemento, saneamento e depuración de augas, especialmente para os pequenos e mediados”.
XESTIÓN ADECUADA
Neste sentido, salientou que a Xunta “está a axudar ao Concello de Noia a dotarse das infraestruturas necesarias para a prestación dos servizos de abastecemento e depuración de auga, pero resulta tan importante dispoñer de infraestruturas como xestionalas axeitadamente para, deste xeito, prestar estes servizos con calidade de eficacia”.

O deputado popular apuntou que o Goberno galego investiu nos últimos anos preto de cinco millóns de euros en materia de saneamento e depuración en Noia, “e neste momento está traballando no prego
administrativo que posibilitará a licitación da redacción dun proxecto construtivo para a mellora da depuración neste municipio”.
Porén, Lorenzo recordou que “a colaboración non ten que restrinxirse só á Xunta de Galicia”, polo que manifestou que “a Deputación de A Coruña pode e debe colaborar co Concello de Noia no ámbito do abastecemento e o saneamento”, tal e como se recolle na Lei de bases de réxime local.
NOVA LEI DE XESTIÓN DA AUGA
Para rematar, Rubén Lorenzo valorou a futura Lei de xestión do ciclo da auga como “unha boa ferramenta para achegar solucións ás necesidades de saneamento de municipios como Noia, que redundará na mellora dos servizos e da calidade de vida dos veciños, no coidado do medio ambiente e no futuro da pesca, o marisqueo e do turismo”.
“Permitirá, de feito, achegar solucións integrais e definitivas para as necesidades de Noia en materia de saneamento, facilitando os investimentos na mellora dos sistemas mediante unha corresponsabilidade
das administracións e asegurando unha axeitada prestación dos servizos ao asumir Augas de Galicia a explotación das infraestruturas dos concellos que así o soliciten”, explicou.

Depuradora A Pobra

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...