A Selección Galega de Trail Running decidirase en A Pobra

21 Marzo 2022

O vindeiro 17 de abril celebrarase no concello de A Pobra do Caramiñal o Campionato de Galicia de Trail Running.

Segundo informou a Federación Galega de Atletistmo, esta proba que conta con carácter individual e por equipos “chega a súa sétima edición con cada vez máis importancia e máis demanda logo do seu recoñecemento coma nova especialidade atlética no pasado Congreso da World Athletics WA do ano 2015 celebrado en Pequín”.

Por tal motivo, este ano a proba terá un marcado carácter especial xa que “a selección galega de atletismo debutará no Campionato de España de Trail Runing que se vai desenvolver o 7 de maio en Berga (Barcelona)”, explican dende a federación, engadindo que “todo o devandito vai dar pé a que este campionato autonómico sirva para confeccionar a Selección Galega que represente a nosa Comunidade no citado Campionato de T.R sumándose así ás distintas seleccións galegas oficiais de atletismo nas modalidades de campo a través, pista e ruta”.

Criterios

A proposta do responsábel da modalidade Iván Sanmartín, a dirección técnica da FGA estableceu que os tres primeiros e primeiras clasificadas do citado campionato pasen a ocupar de maneira automática un posto na Selección, correspondendo ao criterio da citada dirección, a selección dos restantes tres integrantes.

Poderán inscribirse no campionato todos aqueles e aquelas que teñan ficha pola FGA neste 2022 desde a categoría Sub20. O prazo de inscrición estará aberto ata as 20.00 horas do día 11 de abril.

Segundo verbas do propio responsábel sobre esta cita coa selección autonómica, “isto é un feito histórico no atletismo galego que non fai máis que ampliar o amplo espectro competitivo federado nunha especialidade como o trail running que está en auxe nos derradeiros anos e que vai paralela á necesidade de desfrutar dos espazos naturais galegos de montaña, tan propicios para a práctica deportiva. Afrontamos este reto con moita ilusión por primeira vez, e agardamos que sexa o primerio paso dun largo camiño na procura de novos retos no atletismo galego, cunha selección que de seguro fará unha actuación destacábel con ilusión e esforzo.”.

Proba esixente

A proba celebrarase como nos últimos catro anos con saída do Miradoiro da Curotiña (A Pobra do Caramiñal) discorrendo por un circuíto de 25,44 km esixente pero de fermosas e espectaculares contornas.

Nos últimos anos a proba foi dominada na categoría masculina por Rubén Martínez (gañador das edicións do 2019 e 2021) e na feminina por Eva de La Fuente (2017 e 2021).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.