Este venres 1 de abril a Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida, a partir das 20.00 horas, ao espectáculo musical para público infantil e familiar De aquí para allá. As entradas estarán dispoñíbeis o mesmo día da función a partir das 19.00 horas.

De aquí para allá é unha proposta da artista Lydia Botana, que é a autora deste espectáculo que se complementa cun libro-disco e que nos convida a viaxar polo mundo da man da aprendizaxe, a música e o baile, animándonos a cantar as músicas de cada país que visitemos nesta experiencia viaxeira e imaxinativa.
