A axenda de abril en Ribeira inclúe contacontos, actividades da USC e a proxección do galardoado filme “Valentina”

31 Marzo 2022

A axenda cultural de Ribeira para a presente tempada será variada e, coincidindo co Día do Libro e aproximidade do mes das letras galegas, maio, moi literaria. Tamén haberá un importante compoñente científico, investigador e ecolóxico. Así o deu a coñecer a concelleira de Educación, Juana Brión, que foi e encargada de presentar este xoves 31 de marzo a programación de abril organizada pola súa delegación, cunha ducia de accións dirixidas tanto ao público escolar e familiar como ao público en xeral. O gran centro neurálxico da axenda será a Biblioteca Municipal de Ribeira, que acollerá espectáculos de narración oral cada sábado, co obxectivo de que “as familias coñezan mellor as nosas instalacións e o interesante que resulta para os nenos e nenas, e tamén para os adultos, coller libros a préstamo na nosa Biblioteca Municipal”.

Brión tamén salientou a publicación dun novo poemario do profesor do IES Nº1, Xabier López Marqués, que dá a coñecer este venres ás 20.30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, o seu novo libro Murmurio de ausentes. Neste acto, coma en tantos outros literarios, contarase coa colaboración da Asociación Barbantia.

As aventuras de Valentina

Xa no eido educativo, promóvense tres pases en horario de mañá da película Valentina gañadora do premio Goya á mellor película de animación, que relata as aventuras dunha nena con Síndrome de Down. Contarase coa presenza da directora do filme Chelo Loureiro, que acompañará ao público no pase do mércores, 6 de abril, ás 12.00 h, presentando a película e contestando a todas cantas preguntas lle queiran facer as persoas asistentes. Brión explicou que Valentina vén cunhas guías didácticas que xa traballaron nos centros de ensino nas que a igualdade de xénero e a diversidade son o motivo principal, xa que protagonista é unha nena Down que supera os seus medos.

Para os estudantes de ensino medio o día 7 de abril desde as 10 da mañá no Auditorio achegarase a actividade A USC Camiña, unha xornada de portas aberta ás que está convidado o alumnado de Bacharelato de toda a comarca, para coñeceren a oferta educativa da USC. Á inauguración da xornada asistirá o reitor da USC, Antonio López, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas e mais os alcaldes da comarca.

Jorge Mira

Para rematar esa xornada o IV Ciclo da USC, a universidade para maiores de 50 anos, agasallará á cidadanía coa presenza do popular divulgador e científico galego Jorge Mira que impartirá unha conferencia ás 18.00 h co título Como escolle parella o animal que levamos dentro.

Amais, prosegue ao longo do mes o ciclo Camiños de coñecemento e experiencia as xornadas da USC para maiores de 50 anos.

Para participar nas diferentes actividades cómpre escribir un correo co nome e apelidos e un teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal.

Programación, punto por punto

-Presentación literaria: Murmurios (de) ausentes, Xabier López Marqués

Acto: 01/04/022 ÁS 20.30 H

Centro Cultural Lustres Rivas

-Sábados de conto (Día do libro infantil e xuvenil)

O ladrón de paraugas. Contacontos baseado na publicación infantil de Xosé Lueiro

Coa presenza do autor e a ilustradora Sara Valcárcel

Data: 02/04/2022

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Público infantil e familiar

Reservas: normalizacion@ribeira.gal

-Actividade para público escolar

Proxección: Valentina. Goya á mellor película de animación 2021

Data: 05/04/2022

Hora: 10.00 h

-Proxección: Valentina. Goya á mellor película de animación 2021

Con presenza da directora do filme Chelo Loureiro

Data: 06/04/2022

Hora: 10.00 e 12.00 h

Dirixido a: Público escolar

A USC Camiña. Xornada de portas abertas da USC

Acto de apertura: 07/04/2022 ás 10.00 h coa presenza do reitor da USC e alcaldes de toda a comarca

Auditorio Municipal

Data: 07/04/2022

Horario: de 10.00 a 20.00 h

Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira

-IV Ciclo da USC

Charla: Como escolle parella o animal que levas dentro. Jorge Mira

Data: 07/04/2022

Hora: 18.00 h

Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira

Reservas: normalizacion@ribeira.gal; de 9 a 14 h de luns a venres: 981 835 650

-Sábados de conto

Vén a conto. Contacontos de Raquel Queizás

Data: 09/04/2022

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Público infantil e familiar

Reservas: normalizacion@ribeira.gal

-Sábados de conto (Día do Libro)

O tranvía de Leonardo. Fantoches Baj. Ler conta moito

Data: 23/04/2022

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Público infantil e familiar

Reservas: normalizacion@ribeira.gal

-Sábados de conto

Unha árbore vén a vernos. Contacontos de Anxo Moure

Data: 30/04/2022

Hora: 12.00 h

Lugar: Parque Periurbano de San Roque

Este contacontos enmárcase nunha xornada de aprendizaxe do coido do medio Avívate con Firepoctep. Por un monte sen incendios

Público infantil e familiar

Reservas: normalizacion@ribeira.gal

Accións en marcha

I Concurso escolar de deseño de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de Ribeira

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril de 2022, a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira convoca a primeira edición do Concurso escolar de deseño de marcapáxinas.

O prazo de admisión de obras estará aberto ata o vindeiro 8 de abril de 2022.

Camiños de coñecemento e experiencia 2022

IV Ciclo da USC. Ribeira

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

18/04/2022 16:30-18:00h

Seminario: Tradición e modernidade nos escenarios galego e ribeirense (1880-1950) I. Vellos e novos oficios e negocios.

José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia. Técnico de xestión do Museo Marea de Porto do Son e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

21/04/2022 16:30-18:00h

Seminario: Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura.

Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

25/04/2022 16:30-18:00h

Seminario práctico: Actividade Interactiva co alumnado partindo do comentario

de documentos antigos que ilustran a temática do seminario.

José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia. Técnico de xestión do Museo Marea de Porto do Son e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

28/04/2022 16:30-18:00h

Seminario práctico: Actividade interactiva pensada para compartir materiais arqueolóxicos e documentais.

Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...