“Unha frota e uns resultados” – Antón Luaces

03 Febreiro 2022

Distintas institucións e organizacións galegas manteñen unha traxectoria invariable​: a necesidade de que se trasladen a Galicia as competencias en materia de investigación pesqueira.

Non hai antecedentes, xa que logo, por canto Galicia nunca tivo responsabilidades nese eido malia ser a Xunta competente noutros do mesmo ámbito marítimo-pesqueiro como o de Busca e Salvamento sector marítimo-pesqueiro ou o Servizo de Gardacostas cuxas competencias van desde a pesca artesanal ou baixura, o marisqueo e a acuicultura (art. 148.1.18 da Constitución Española polo que se permite ás Comunidades Autónomas que asuman nos seus Estatutos como competencia exclusiva a pesca en augas interiores, o marisqueo e a acuicultura).

Así como o salvamento marítimo, de clara competencia nacional desde a súa creación, é exercido en augas interiores galegas por unha cesión expresa desta responsabilidade ao Servizo de Busca e Salvamento creado en 1990 polo Goberno Galego, ao igual que se creou posteriormente o Servizo de Gardacostas -tamén en augas interiores- a investigación pesqueira nunca foi concedida á Comunidade Autónoma malia os requirimentos realizados por partidos políticos, sindicatos e outras organizacións que, non só reclamaron para Galicia a competencia desa investigación no marco competencial que lle corresponde, senón tamén a responsabilidade de programar e levar a cabo -dada a importancia da súa frota pesqueira, a maior do Estado español- a coordinación dos estudos, investigacións e proxeccións nacionais e mesmo internacionais dos equipos a esta fin destinados polas instancias da Administración central.

Nada se move, sen embargo, en tal sentido. E iso que se recoñece o labor que tanto o Instituto Español de Oceanografía (IEO) con bases na Coruña e Vigo e o Centro de Investigacións Mariñas (CSIC), con sede en Vigo, veñen desenvolvendo. Tanto é así, que algúns buques da frota de investigación mariña do IEO e da Secretaría Xeral de Pesca teñen a súa base no porto vigués e que deste porto saen algunhas das campañas de investigación oceanográfica e pesqueira que o devandito Instituto e Secretaría levan programadas cada pouco tempo.

É necesaria esa transferencia e, de ser así, que gaña Galicia coa mesma?.

Hai opinións para todos os gustos, mais resulta evidente que responsabilizar a Galicia sen contar coa opinión de comunidades como Andalucía, Canarias e o País Vasco, sería materia de debate permanente. E iso que Euskadi conta co traballo dun tan importante Instituto como é Azti, cuxos labores investigadores se teñen en conta non só en España seón na práctica totalidade da Unión Europea.
Na actualidade, a frota de investigación pesqueira ou oceanográfica dependente do IEO está integrada por cinco buques (B/O. “Mytilus”; B/O “Angeles Alvariño”; B/O “Ramón Margalet”; B/O “Francisco de Paula Navarro” e o B/O “Lura”). Con estes buques de arredor de 65 metros de eslora, outras embarcacións menores, de entre 15 e 70 metros (Emma Bardán”, de 29 metros; “Miguel Oliver”, de 70 m. e “Vizconde de Eza”, de 53 metros, todos eles pertencentes á Secretaría Xeral de Pesca, case sempre atracados no porto de Vigo -cando non están en campaña- que conforman en conxunto unha frota dotada dos máis modernos sistemas electrónicos de navegación e situación, así como dos medios necesarios para recoller mostras, tanto de auga como de sedimentos, de flora e fauna mariñas, etc.
No deseño destes buques coidouse especialmente acadar o mínimo grao de ruídos e vibracións que puideran afectar aos traballos de investigación científica, salientando o sistema de posicionamento dinámico, a propulsión diésel eléctrica e a quilla retráctil.

A necesidade de coñecer mellor os nosos mares para unha xestión eficaz dos seus recursos, levou á Secretaría Xeral de Pesca e ao Instituto Español de Oceanografía a realizar múltiples campañas de investigación con finalidades tais que a obtención de datos biolóxicos como distribución, biomasa, abundancia, división por tamaños, estados de madureza e índices de recrutamento para a avaliación dos caladoiros e a súa xestión eficaz. Tamén, o estudo dos ecosistemas mariños no seu conxunto, prestando atención ás características abióticas (temperatura, fisicoquímica da auga do mar, pH ou salinidade) ou bióticas dos mesmos (datos biolóxicos, o estudo dos niveis e relacións tróficas) para promover unha conservación eficaz deles, e unha xestión axeitada. Unha mellor caracterización do relevo e composición dos fondos mariños e da súa actividade sísmica, especialmente en augas da Zona Económica Exclusiva (ZEE) mediante a realización de Cartas de Pesca, a partir do estudo da batimetría e das características xeolóxicas e xeofísicas dos mesmos. E aínda máis: a realización de Campañas de Cooperación internacional, Colaboración e Formación, especialmente en países socios. con tal de promover unha mellor xestión dos caladoiros nestes lugares, co desenvolvemento sustentable local.
Coñecendo estas características da investigación oceanográfica e pesqueira, podería Galicia garantir un traballo tan sistemático cos seus propios medios?. Ou, como todo parece sinalar, tería que transferir o Estado a Galicia as partidas económicas que permitirían manter esa frota e a súa constante actividade no mar?.
Supoñendo a resposta, talvez é mellor que todo siga igual.

Outros artigos

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

+

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

+

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

+

“En terreno de nadie”. Javier García Sánchez

Llevo tiempo analizando los numerosos problemasque tienen los emigrantes que ahora, creo, se van aincrementar con la reforma del Reglamento deExtranjería que entró en vigor el pasado martes. Paramí el nuevo texto, la nueva normativa, tiene muchascuestiones negativas....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siempre la misma música estéril” – Manuel Domínguez

“Siempre la misma música estéril” – Manuel Domínguez

Siempre la misma música estéril Uno solo no puede hacer nada, y así hoy, mañana y pasado y ayer también. La hermana Francés Cabrini, no estaba allí para escuchar esas palabras huecas, vacías, pero llenas de fracaso. Ella desembarco en NY en la isla Ellis, antiguamente...

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

Este Día das Letras Galegas gocei dunha conversa brevísima, cun galego falante ao que lle deixei nota no parabrisas pedindo que me chamase, para facerme cargo dun rascón que vise no seu coche. Chamoume pola tarde, falamos non máis de medio minuto, pola súa parte nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.