Os cen anos da bandeira de Galicia recreado nunha exposición do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

12 Febreiro 2022

Dende a noite pasada xa se pode contemplar no Centro Cultural Lustres Rivas unha nova exposición titulada “1921-2021, 100 anos da bandeira galega no Palacio municipal da Coruña”.
O acto inaugural contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, da concelleira de Cultura María Sampedro e do comisario da mostra, Manel Cráneo, e a presenza entre o público de representantes de
todos os grupos políticos da Corporación con motivo desta mostra itinerante promovida pola Deputación, na que se recrea os acontecementos conducentes a que no ano 25 de xullo de 2021 a
enseña galega ondease por primeira vez nun edificio institucional.
Neste senso, Cráneo salientou que o contido da exposición está baseado en documentos históricos e que unha parte da mesma está formada por un módulo de cómic en dous actos (debuxado por Alberto Taracido e Rubén Rial) que permite aos visitantes entender o nacemento e a evolución da bandeira galega desde finais do s. XIX,
cando segundo unha das principais teorías -explica Cráneo- os emigrantes comezaron a identificarse cunha bandeira formada por unha aspa azul sobre fondo branco da que se acabaría por eliminar
unha das bandas para non confundila coa bandeira naval rusa.
A outra parte da proposta expositiva intégrana unha selección de ilustradores e ilustradoras, principalmente da plataforma Coruña Gráfica, os cales partindo do símbolo icónico, cada un deles dá a súa visión persoal da bandeira e dos diversos contextos en que se pode atopar. Os participantes son: Branda, Uxío Broullón, Aurora Cascudo, Iria do Castelo, Miguel Cuba, Alberto Díaz, Brais Fierro, Héctor
Francesch, Alberto Guitián, Uxía Larrosa, Antón Lezcano, Peral, Perdivel, Xulia Pisón, Javier de la Rosa, Irene Sanjuán, Luis Sendón e Carlos Silvar.

Tanto o alcalde como María Sampedro felicitaron aos promotores da mostra, ao Concello da Coruña e á Deputación e agradeceron a posibilidade de exhibila no noso municipio.
A exposición pode ser visitada ata o . O horario de visita será de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.