O líder do Ps deG_Psoe reclámalle á Xunta unha saída ao conflicto da mexilla

23 Febreiro 2022
Na Xuntanza con Valentín González Formoso estiveron os portavoces de Pesca e Marisqueo do Grupo Socialista no Parlamento, Patricia Otero e Julio Torrado, e os alcaldes de Vilagarcía –Alberto Varela-, A Illa –Carlos Iglesias-, Cambados –Samuel Lago-, O Grove –Jose Cacabelos-, e o coordinador comarcal do PSdeG no Barbanza, Miguel Paz.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que lle dea unha saída dialogada ao conflito da mexilla, “creado pola falla de consenso da Consellería do Mar”. O responsable socialista mantivo hoxe un encontro en Arousa cos representantes do sector mexilloeiro e os alcaldes da comarca, previo ao encontro, a próxima semana, coas confrarías implicadas.
González Formoso responsabilizou do conflito á Consellería do Mar por “tomar decisións ás costas dos sectores implicados sen diálogo nin consenso previo”, provocando unha confrontación onde “nunca houbera ningún tipo de conflito”. Lembra que ata agora “sempre conviviron perfectamente a necesidade de extracción da mexilla coa extracción do percebe”, ata o momento en que a Consellería decidiu actuar,
enfrontando dous sectores “estratéxicos”.
O líder dos socialistas galegos reclamoulle á Consellería do Mar que “sente ás partes” implicadas para “resolver un conflito xerado pola súa torpeza”. Salientou o “ton construtivo” dos representantes dos bateeiros, cunha “actitude moi positiva, propositiva, con disposición a sentarse a dialogar e resolver o problema”, e saudou a “flexibilidade” que amosan e a súa proposta de convocar unha mesa a tres bandas.
Advertiu que o sector está “absolutamente preocupado” polo feito de que “chega a tempada de reposición da mexilla e non van ter posibilidade de acceder a ela, cando necesitan de semente para despois recoller o froito”.
González Formoso mantivo este encontro ao que asistiron a Organización de Produtores de Mexillón de Galicia –Opmega-, a Federación de Mexilloeiros de Arousa Norte, Amegrove e APM Illa de Arousa.
Tamén participaron os portavoces de Pesca e Marisqueo do Grupo Socialista no Parlamento, Patricia Otero e Julio Torrado, e os alcaldes de Vilagarcía –Alberto Varela-, A Illa –Carlos Iglesias-, Cambados –Samuel Lago-, O Grove –Jose Cacabelos-, e o coordinador comarcal do PSdeG no Barbanza, Miguel Paz.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.