O Goberno apoia con 3,5 millóns un total de 14 proxectos de transición enerxética da provincia (incluídos proxectos da Pobra e Carnota)

09 Febreiro 2022

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de anunciar a resolución de 14 proxectos innovadores de enerxías renovábeis para a xeración de enerxía eléctrica e a produción de enerxía térmica para a provincia da Coruña. Logo de coñecer esta nova, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, declaraba este 9 de febreiro que o investimento total para estas iniciativas será de 3.555.032,71 euros e os concellos beneficiados serán os de: A Coruña, A Pobra do Caramiñal (con 37.076,42 euros), Brión, Carnota (con 219.200,00 euros), Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Sada e Santiago de Compostela.

Emporiso, o Ministerio, a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), seleccionou estes 14 proxectos innovadores de enerxías renovábeis para a xeración de enerxía eléctrica e a produción de enerxía térmica, que recibirán financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Estas novas instalacións de fontes limpas contribuirán a reducir a emisión de gases contaminantes e a dependencia enerxética, amais de consolidar a actividade e o emprego nos sectores económicos nos que se implantan ao tempo que estimularán o desenvolvemento de novas tecnoloxías e modelos de negocio.

Pola súa banda, a subdelegada informou que os proxectos coruñeses corresponden a dúas convocatorias: unha de xeración de enerxía renovábel e outra de produción.

Por último, cómpre salientar que este investimento suporá unha importante cohesión social e económica do territorio mediante a creación de emprego, o desenvolvemento rural e a loita contra o despoboamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.