O cuarto reto dos 21 días co galego bate récords de impactos nas redes sociais

24 Febreiro 2022

Na mañá deste 22 de febreiro levouse a cabo a clausura oficial da cuarta edición do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que toma a remuda de 21 días co galego, iniciativa argallada pola profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal na que se propuña ao alumnado o reto de mergullarse na nosa lingua durante o devandito número de xornadas. A clausura levouse a cabo no IES Lucus Augusti de Lugo e nela participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Segundo dixo, esta edición foi a que conseguiu o maior impacto nas redes sociais de cantas se teñen desenvolvido.

No centro da imaxe, Valentín García e Pilar Ponte na presentación da iniciativa

Tamén fixo saber que a cuarta entrega do desafío xuntou por primeira vez 12 centros participantes, así como 394 docentes, 52 membros do persoal da administración e servizos e 3.399 alumnas e alumnos de entre 8 e 18 anos, que viviron xunto ás súas familias a experiencia de falar en galego durante 21 días.

García deu os parabéns á comunidade educativa do IES Lucus Augusti e, en xeral, a todos os que de xeito voluntario participaron nesta experiencia, “pola súa implicación e o seu traballo ao longo destas semanas que, estou seguro, supoñerán un cambio na valoración e uso do galego dos mozos e mozas que formaron parte do programa”.

A cerimonia, á que tamén asistiron o director do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón, e a coordinadora do programa 21 días co galego e +, Pilar Ponte, estivo amenizada pola actuación dun grupo de rapaces do centro, que deleitaron os asistentes cun romance sobre a lingua galega, obra do profesor do centro Xosé Luís Vázquez Somoza, así como por unha actuación musical do alumnado, que incluíu os temas Compañeira, da música tradicional galega, e Terra, das Tanxugueiras.

O resto dos 11 centros participantes no programa realizaron tamén as súas respectivas cerimonias de clausura con distintas actividades como concertos, contacontos ou obradoiros.

Aumento da presenza en redes sociais

Durante os 21 días que dura este programa de dinamización lingüística con vocación de fomentar o plurilingüismo, os case 4.000 alumnos da ESO, Bacharelato e FP, así como os dos últimos cursos de Primaria, optaron por falar en galego as 24 horas do día como experiencia de aprendizaxe. Disto foron deixando constancia no blog e nas redes sociais do programa, onde gozaron de gran seguimento, especialmente en YouTube, que recibiu 401.874 impresións fronte ás 244.615 da edición pasada, e en Facebook, cun alcance de 18.122 persoas, preto de 2.000 máis que na edición anterior.

O impacto nas redes sociais tamén se fixo ver na conta de Twitter, con 5.033 visitas ao perfil nestas semanas, e na nova ferramenta de moda entre a mocidade, o Tik Tok, que chegou aos 3.346 gústame nos vídeos.

Ademais, a rapazada tivo unha sorpresa final no blog da iniciativa, no cal recibiron o saúdo das Tanxugueiras e de Esther Estévez, que animaron ao alumnado a seguir empregando o galego unha vez rematada a experiencia.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.